Educaciongalicia.info
Toda sociedade dedica os seus maiores esforzos á formación dos
rapaces, como o mellor investimento cara ó futuro.
Pretendendo colaborar desde este Portal coa grande tarefa que os poderes públicos e infinidade de iniciativas privadas están acometendo, www.educaciongalicia.info ofrécese ó mundo da educación e a tódolos que nel estean interesados, para colaborar na tarefa e difundi-la realidade deste sector en Galicia.
Así, non só se poden atopar neste Portal datos dos centros de ensino, da Consellería de Educación, de certames xuvenís, senón tamén información sobre a festividade do Día das Letras Galegas, con información relativa a tódolos homenaxeados, un Curso de Galego, Biblioteca Dixital e, en fin, unha Tribuna Libre na que mestres e alumnos poden expresarse con toda liberdade.
Estamos abertos a tódalas colaboracións. A educación é un mundo novo, especialmente pensado para os rapaces, pero sen excluír a ninguén.
Se o mundo da educación lle preocupa, este é o seu Portal, ¡Seguro!.
| NOTICIAS |
|
 |
|
| NOTAS |
A USC ampliará en 37.000 metros cadrados o campus de Lugo co proxecto Campus 2015
O proxecto Campus 2015 promovido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Lugo suporá a ampliación das dotacións universitarias en 37.000 metros cadrados en 5 anos, e cun investimento de 20 millóns de euros. Campus de Lugo 2015 pretende consolidar a oferta docente existente e incrementar a investigación e o emprendemento.
|
 |
|
|
|
|
Asoc. Culturais -
Deportivas -
Profesionais -
Empresariais -
Sociedade e Axuda-
Veciños -
Ecoloxistas-
ONG's -
Federacións -
Fundacións -
|
|
|
|