..:: EDUCACION.info ::..
 
Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
CENTROS DE ENSINO 
EDUCAC. INFANTIL 
EDUCAC. PRIMARIA 
ESO 
BACHARELATOS 
EDUCAC. ADULTOS 
EDUCAC. ESPECIAL 
OUTRAS ENSINANZAS 
FORMACIÓN PROFESIONAL 
RESIDENCIAS 
UNIV. VIGO 
UNIV. CORUÑA 
UNIV. SANTIAGO 
BIBLIOTECA DIXITAL 
BIBLIOTECA DIXITAL 
VARIOS 
CULTURA GALEGA 
LETRAS GALEGAS 
AXENDA DE ACTOS 
DICCIONARIOS 
CURSO DE GALEGO 
CONSELLERIA 
CERTAMES 



 NOTICIAS   NOTAS   CONTACTO 
1 de 2   1 | 2 |
 BIBLIOTECA DIXITAL - EDUCACION
A Carón da Escola

Xosé Luís Rivas Cruz (MINI) e Baldomero Iglesias Dobarrio (MERO), coordinaron a recolla de Cantos de Nadal por parte de diversos colexios galegos, e dirixiron un video-libro con esta recolla, editado por Ophiusa co patrocinio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Política Lingüística)
A longa noíte de pedra

Esta mostra de poetas da guerra e da postguerra non é unha antoloxía. Se fose unha antoloxía de cincuentas poetas, tería que conter polo menos cento e pico poemas para realzar cunha mejor presencia os poetas grandes sobre dos menores. Se fose unha antoloxía de cincuentas poemas, teríase que reduci-lo número de poetas representados a pouco máis dunha ducia, por semellante razón.
O que pretendemos é ofrecer un panaorama histórico da aventura da poesía galega, rota pola guerra civil, que rexurdiu traballozamente ata os anos sesenta. Por esto incluímos aqui poetas maiores e menores, representados todos por un só poema que nin sequera é dos mellores de cada un en cada caso, senón con frecuencia un dos que nos pareceron máis representativos.
Cantos Coplas e Romances de Cego Nº1

Agora que, baixo o noso criterio, as recollas que se poidan facer
teñen un valor moi escaso debido a factores que non son para
analisar aquí, decidimos pasarmos a sistematizar, ordenar
e clasificar os arquivos para devolvelos á xente de onde saíron.
Isto é para nós unha obriga contraída desde o principio.
A recolla sempre foi feita, e asi se lles facía saber ós posibles
informantes, para que a nosa cultura tradiconal non se perdese.
O compromiso foi de que algún día nós fariamos os posibles
por devolvela á luz, e niso estamos.
Incluímos dous CDs coas gravacións orixinais.
Contos de Vellos para nenos

Son estes contos para vós, xente adulta e xente nova, para que os leades e llelos contedes ós vosos no momento que consideredes máis oportuno. Así transmitiréde-lo pouso da nosa cultura e crearéde-lo hábito de escoitar e entrar no mundo do encantamento e do imaxinario.

É un traballo afectivo, para que cada quen se converta en protagonista e contador de contos e que seduza as mentes dos nosos nenos con tanto tesouro que nos deixaron as nosas e os nosos devanceiros, verdadeiros autores destas lendas.
Somos Lenda Viva

Lendas para rapaces. Son invencións narrativas de ilusións comúns, que xunto ós contos probablemente sexan os xéneros literarios máis ántigos. Anque non é demostrable nin hai constancia disto, é facilmente crible e aceptable a pouco que se pense nos primeiros textos escritos, que son poemas ou cancións de lonxanos tempos. Están máis cerca das emocións que das demostracións.
1 de 2   1 | 2 |
Si desea buscar más obras, en nuestra Biblioteca Digital podrá encontrar más información
© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados