..:: EDUCACION.info ::..
 
Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
CENTROS DE ENSINO 
EDUCAC. INFANTIL 
EDUCAC. PRIMARIA 
ESO 
BACHARELATOS 
EDUCAC. ADULTOS 
EDUCAC. ESPECIAL 
OUTRAS ENSINANZAS 
FORMACIÓN PROFESIONAL 
RESIDENCIAS 
UNIV. VIGO 
UNIV. CORUÑA 
UNIV. SANTIAGO 
BIBLIOTECA DIXITAL 
BIBLIOTECA DIXITAL 
VARIOS 
CULTURA GALEGA 
LETRAS GALEGAS 
AXENDA DE ACTOS 
DICCIONARIOS 
CURSO DE GALEGO 
CONSELLERIA 
CERTAMES 



 NOTICIAS   NOTAS   CONTACTO 

  [VOLVER
Deportistas con Discapacidade Intelectual de Special Olympics Galicia competiron na Coruña en deportes minoritarios   
Arredor de 350 deportistas de toda Galicia participaron na undécima edición dos Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios para Persoas con Discapacidade Intelectual que Special Olympics Galicia celebra cada ano na cidade da Coruña

Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, organizou un ano máis os Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios na cidade da Coruña coa colaboración de FADEMGA FEAPS GALICIA e da Asociación coruñesa ASPRONAGA. O sábado 18 de marzo a cidade coruñesa volcouse cos deportistas de Special Olympics Galicia que competiron nas instalacións do Pazo dos Deportes de Riazor nas modalidades de petanca, tenis de mesa e badminton demostrando que existe un excelente nivel nestes deportes en Galicia.
Os Xogos Autonómicos tamén contaron con probas adaptadas para as persoas con discapacidade intelectual que teñen máis problemas á hora de realizar movementos físicos. Estas probas consistiron en salto dinámicos, rodar, raquetas e pelotas, bowling, tiro á porta e lanzamento de precisión. O evento contou coa presenza de parte da corporación municipal da Coruña; así como co Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez; e a Delegada provincial e integrante da corporación municipal Margarita Vázquez Veras, que dirixiron unhas palabras aos participantse momentos antes de que o Concelleiro de Deportes da Coruña, Esteban Mª Lareo Fernández, procedera á inauguración oficial da undécima edición destes Xogos Autonómicos. O evento deportivo contou tamén cunha exhibición do equipo de ximnasia rítmica do Club Santiago Apóstol da Coruña, que demostrou porqué é o actual Campión de España na súa modalidade. O equipo coruñés gañou recentemente o Campionato de Ximnasia Rítmica celebrado na Coruña pola FEDDI (Federación Española de Deportes para Persoas con Discapacidade Intelectual).
A celebración destes Xogos seguiu o ceremonial das celebración das Olympiadas. Os deportistas das 22 asociacións participantes desfilaron polas instalacións antes do desfile das bandeiras de Galicia, A Coruña e de Special Olympics. Posteriormente un deportistas da Asociación Aspronaga leu o lema dos deportistas de Special Olympics “Quero gañar, máis se non o acado, deixádeme ser valente no intento”.
O número de participantes nos Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios deste ano 2006 aumentou con respecto ao pasado ano de 542 persoas a 574 nesta nova edición. As asociacións de toda Galicia que participaron foron un total de 22 asociacións das catro provincias galegas que desplazaron a un total de 346 deportistas con discapacidade intelectual e 102 adestradores á Coruña. Nos Xogos tamén colaboraron un total de 85 voluntarios e 41 persoas entre integrantes da organización e persoal de Cruz Vermella, Protección Civil, árbitros, etc… A participación nos Xogos foi de 574 persoas entre deportistas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.
Nesta nova edición cabe destacar un aumento da participación en certas disciplinas como a PETANCA onde a participación o pasado ano era de 48 deportistas e este ano ascendeu a 92. De feito este ano dende Special Olympics España organizouse o primeiro Encontro de Petanca e Tenis de Mesa en Zaragoza celebrado en novembro do 2005 e no que Special Olympcis Galicia participou con éxito. Os deportistas de Special Olympics Galicia lograron cinco medallas de ouro, dúas de prata e outras dúas de bronce.

Cristina Díaz
2006-03-21

 
OTRAS NOTAS
Educación anuncia unha demora na entrega dos 15.000 ordenadores netbooks do proxecto Abalar
Os centros educativos poden presentar os proxectos de fomento do galego
Volta ao cole: Educación convoca axudas para a compra de libros de texto
Publícase en galego ANTE A HISTORIA COMPOSTELÁ, de Claudio Sánchez Albornoz
A TIC cubre máis do 80% da prazas para cursar estudos na Escola de Imaxe e Son de Lugo
A USC e Política Lingüística colaboran nos cursos de galego a estranxeiros
Santiago acolle a IV Xornada de Institutos Históricos de España
A Delegada de Filmax en Galicia, Madriña da 6ª promoción de titulados da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC
Los niños del campamento Activa viven el Arde Lucus
Política Lingüística convoca axudas a proxectos de galego no ensino
 

 

© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados