..:: EDUCACION.info ::..
 
Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
CENTROS DE ENSINO 
EDUCAC. INFANTIL 
EDUCAC. PRIMARIA 
ESO 
BACHARELATOS 
EDUCAC. ADULTOS 
EDUCAC. ESPECIAL 
OUTRAS ENSINANZAS 
FORMACIÓN PROFESIONAL 
RESIDENCIAS 
UNIV. VIGO 
UNIV. CORUÑA 
UNIV. SANTIAGO 
BIBLIOTECA DIXITAL 
BIBLIOTECA DIXITAL 
VARIOS 
CULTURA GALEGA 
LETRAS GALEGAS 
AXENDA DE ACTOS 
DICCIONARIOS 
CURSO DE GALEGO 
CONSELLERIA 
CERTAMES 



 NOTICIAS   NOTAS   CONTACTO 

  [VOLVER
José Pereira tomou posesión como decano de Ciencias da Comunicación  
Converter á Facultade de Ciencias da Comunicación da USC nun centro de referencia no mundo é o obxectivo que marcará a xestión do profesor José Pereira ao fronte deste centro compostelán.

Converter á Facultade de Ciencias da Comunicación da USC nun centro de referencia no mundo é o obxectivo que marcará a xestión do profesor José Pereira ao fronte deste centro compostelán. Así o manifestou no transcurso do acto protocolario presidido polo reitor Senén Barro no que tomou posesión do cargo. Para alcanzar o seu obxectivo, Pereira referiuse a catro eixos específicos que articularán o seu labor ao fronte da Facultade, e que comezaría coa mellora da internacionalización do centro, estendendo o concepto dende a mobilidade ata o cambio nas rutinas de traballo e de formación. O actual equipo atópase traballando tamén na mellora “dalgúns indicadores cos que non podemos estar satisfeitos”. Referiuse o decano neste senso á calidade da inserción laboral dos egresados, ás novas competencias que deben adquirir os estudantes da USC ou ás ratios alumno/profesor, entre outros. Como terceiro eixo, Xosé Pereira aspira a que a Facultade de Ciencias da Comunicación compostelá se converta “no centro de referencia para todos aqueles colectivos que necesiten a colaboración de profesionais ou futuros profesionais da comunicación”. A través da formación regrada e non regrada, engadiu Pereira, “Ciencias da Comunicación debe ser un lugar de debate constante de ideas que permitan mellorar a calidade de vida de todos os cidadáns”. Finalmente, o decano avogou por mellorar a eficacia, “sabemos que podemos mellorar os nosos mecanismos internos de xestión e esta é unha tarefa que debemos asumir”, como resposta ao crecemento do centro e ás novas necesidades asociadas a este proceso. Pola súa banda, o reitor destacou o alcance deste puntos estratéxico ao identificalos como “os propios compromisos da universidade ao longo destes anos”. Referiuse Barro á “sintonía excepcional” existente con este centro, un dos “máis innovadores, dinámicos e dos máis ambiciosos”. Xosé Pereira José Pereira Fariña (Moraña - Pontevedra, 1976) é profesor titular do Departamento de Ciencias da Comunicación e membro do grupo de investigación Novos Medios da USC. Ademais, nos últimos tres anos tense ocupado da Coordinación de Comunicación Interna e Imaxe Institucional da Universidade compostelá. Entre as súas publicacións, figuran artigos en revistas internacionais e a súa colaboración na redacción de varios libros sobre o ciberxornalismo, coma o Manual de Redacción Ciberperiodística (Ariel, 2004) e Sistemas digitales de información (Pearson, 2006). Na actualidade, traballa en proxectos de investigación vinculados á análise de contidos e á converxencia dixital entre os diferentes soportes de comunicación.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
2010-02-17

 
OTRAS NOTAS
Educación anuncia unha demora na entrega dos 15.000 ordenadores netbooks do proxecto Abalar
Os centros educativos poden presentar os proxectos de fomento do galego
Volta ao cole: Educación convoca axudas para a compra de libros de texto
Publícase en galego ANTE A HISTORIA COMPOSTELÁ, de Claudio Sánchez Albornoz
A TIC cubre máis do 80% da prazas para cursar estudos na Escola de Imaxe e Son de Lugo
A USC e Política Lingüística colaboran nos cursos de galego a estranxeiros
Santiago acolle a IV Xornada de Institutos Históricos de España
A Delegada de Filmax en Galicia, Madriña da 6ª promoción de titulados da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC
Los niños del campamento Activa viven el Arde Lucus
Política Lingüística convoca axudas a proxectos de galego no ensino
 

 

© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados