..:: EDUCACION.info ::..
 
Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
CENTROS DE ENSINO 
EDUCAC. INFANTIL 
EDUCAC. PRIMARIA 
ESO 
BACHARELATOS 
EDUCAC. ADULTOS 
EDUCAC. ESPECIAL 
OUTRAS ENSINANZAS 
FORMACIÓN PROFESIONAL 
RESIDENCIAS 
UNIV. VIGO 
UNIV. CORUÑA 
UNIV. SANTIAGO 
BIBLIOTECA DIXITAL 
BIBLIOTECA DIXITAL 
VARIOS 
CULTURA GALEGA 
LETRAS GALEGAS 
AXENDA DE ACTOS 
DICCIONARIOS 
CURSO DE GALEGO 
CONSELLERIA 
CERTAMES 



 NOTICIAS   NOTAS   CONTACTO 

  [VOLVER
A ACSUG incorpórase á rede europea de axencias de calidade de 25 países  
Na xuntanza do Consello Galego de Universidades deuse a coñecer que a AGSUG pasa a ser membro de pleno dereito da rede europea de 48 axencias avaliadoras da calidade do ensino universitario presentes nun total de 25 países.

O Consello Galego de Universidades (CGU) amosou a súa satisfacción pola entrada da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (AGSUG) no Consello da ENQA (Asociación Europea para a Garantía da Calidade da Educación Superior), do que formará parte os vindeiros cinco anos. O CGU, que se reuniu esta mañá en Santiago, foi informado da aprobación de 31 programas de doutoramento que se están a impartir xa nos campus galegos. Ademais, no transcurso do encontro, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, deu a coñecer as conclusións do seu departamento tras a visita do secretario general de Universidades, Marius Rubiralta. Coa súa inclusión na rede europea, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia convértese en membro de pleno dereito dun grupo de 48 axencias de 25 países. A súa entrada na rede europea confirma que a AGSUG cumpre cos criterios e directrices para a Garantía da Calidade no Espazo Europeo de Educación Superior, o que demostra o seu compromiso coa calidade, a transparencia, a independencia, os criterios éticos e a correcta realización dos servizos e actividades. A ACSUG culmina con esta inclusión un traballo iniciado no 2007, ano no que foi aceptado como candidato. Desde entón a Axencia levou a cabo un informe de autoavaliación onde se demostra o cumprimento dos requisitos para ser aceptado como membro de pleno dereito, e que foi controlado por unha avaliación externa, na que quedou avalada a súa calidade tento nas actividades como nos servizos realizados, que se melloran continuamente. Autorización de títulos Por outra banda, no encontro do Consello Galego de Universidades fíxose balance da actividade de autorización de títulos por parte da ACSUG que, no 2009, deu o visto bo a 51 títulos de grao e 50 de máster, e no presente ano, a 12 e 23 respectivamente. Ademais, en torno ás novas titulacións de doutoramento enviadas polas universidades do SUG para ser implantadas no presente curso, no CGU deuse conta do informe favorable para 31 programas de doutoramento. No Sistema Galego de Universidades xa existen 174 títulos de Máster, dos que 144 teñen unha denominación diferente nas tres universidades, a excepción do máster universitario en Profesorado que será igual en toda Galicia. Visita de Marius Rubiralta Durante a reunión, o conselleiro deu conta do resultado do encontro celebrado hai uns días co secretario general de Universidade do Ministerio de Educación, Marius Rubiralta, por mor do Documento de Reflexión sobre a mellora das políticas de financiamento das universidades para promover a excelencia académica e incrementar o impacto socioeconómico do Sistema Universitario Español (SUE). Esa reunión centrouse, segundo explicou Vázquez Abad, en torno a proposta dunha nova política de bolsas, axudas ao estudo, prezos públicos, equidade financeira das Comunidade Autónomas, políticas de recursos humanos, adaptación de infraestruturas, investigación, desenvolvemento tecnolóxico e potenciación da innovación, así como a eficiencia e eficacia da xestión das universidades galegas. Vázquez Abad explicou no CGU que o texto presentado polo Ministerio “valórase positivamente como un esforzo para diagnosticar a situación actual do SUE e compartimos algúns dos puntos”, pero sinalou que “somos críticos con moitas das posicións do Ministerio que entendemos que deben ser revisadas e adaptadas ás singularidades propias de cada unha das comunidades e dos seus propios sistemas”. En relación con isto, recordou que o documento se enmarca dentro da Estratexia Universidade 2015, e que chega a Galicia no mesmo momento no que “estamos a traballar no novo Plano de Financiamento do SUG, e que deberá reflectirse nos Oorzamentos Xerais da comunidade para o 2011”. Vázquez Abad concluíu asegurando que “tendo en conta todo isto, desde a Consellería estaremos atentos as conclusións que presente o Ministerio en torno ao Documento de Reflexión”. No tocante ao Plano do Financiamento do SUG, que é unha das prioridades para este exercicio, o conselleiro recordou que xa se esta a traballar na redacción dun borrador de dito documento. Por mor disto os tres reitores, presidentes dos consellos sociais e representantes do Parlamento, están convocados a unha comisión de Financiamento e Investimentos que se celebrará na primeira quincena de marzo. Representantes no Pleno do Consello da Cultura Galega No CGU celebrado tamén foron designados como representantes das universidades de Galicia no Pleno do Consello da Cultura Galega os reitores da universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Na reunión, celebrada na sala de xuntas da Consellería de Educación, en San Caetano, estiveron presentes o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, a subdirectora Xeral de Universidades, Beatriz Soutelo, que exerceu como secretaria, así como os reitores de Vigo, Alberto Gago; da Coruña, José María Barja, e de Santiago, Senén Barro. Xunto a eles representantes dos consellos sociais, e do Parlamento. A reunión do Consello Galego de Universidades celebrouse tras a sinatura do acordo entre a Consellería de Educación, a de Sanidade e os tres reitores das universidades galegas en torno a docencia médica. Deste modo quedan asentadas a bases sobre as que se vai traballar para debuxar o calendario académico do vindeiro curso, e os profesores responsables da formación dos estudantes de Medicina ou de estudos relativos a Ciencias da Saúde. Este acordo é unha demostración do bo entendemento entre todos os axentes implicados por mor do beneficio dos estudantes; un acordo co que se optimizarán e aproveitarán os recursos académicos, os dos hospitais universitarios así como os dos centros médicos da rede do Servizo Galego de Saúde.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
2010-02-26

 
OTRAS NOTAS
Educación anuncia unha demora na entrega dos 15.000 ordenadores netbooks do proxecto Abalar
Os centros educativos poden presentar os proxectos de fomento do galego
Volta ao cole: Educación convoca axudas para a compra de libros de texto
Publícase en galego ANTE A HISTORIA COMPOSTELÁ, de Claudio Sánchez Albornoz
A TIC cubre máis do 80% da prazas para cursar estudos na Escola de Imaxe e Son de Lugo
A USC e Política Lingüística colaboran nos cursos de galego a estranxeiros
Santiago acolle a IV Xornada de Institutos Históricos de España
A Delegada de Filmax en Galicia, Madriña da 6ª promoción de titulados da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC
Los niños del campamento Activa viven el Arde Lucus
Política Lingüística convoca axudas a proxectos de galego no ensino
 

 

© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados