..:: EDUCACION.info ::..
 
Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
CENTROS DE ENSINO 
EDUCAC. INFANTIL 
EDUCAC. PRIMARIA 
ESO 
BACHARELATOS 
EDUCAC. ADULTOS 
EDUCAC. ESPECIAL 
OUTRAS ENSINANZAS 
FORMACIÓN PROFESIONAL 
RESIDENCIAS 
UNIV. VIGO 
UNIV. CORUÑA 
UNIV. SANTIAGO 
BIBLIOTECA DIXITAL 
BIBLIOTECA DIXITAL 
VARIOS 
CULTURA GALEGA 
LETRAS GALEGAS 
AXENDA DE ACTOS 
DICCIONARIOS 
CURSO DE GALEGO 
CONSELLERIA 
CERTAMES 



 NOTICIAS   NOTAS   CONTACTO 

  [VOLVER
Preto de 250 centros acollerán o practicum do Máster en Profesorado  
A Consellería de Educación e as Universidades galegas acreditan preto de 250 centros nos que se desenvolverá o practicum do Máster de Profesorado, para o que se preparan os distintos convenios e a orde reguladora.

Os responsables da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acreditaron xunto aos das tres universidades galegas 250 centros nos que se desenvolverá o practicum relativo ao Máster de profesorado, e que responde a orde publicada no DOG o pasado 5 febreiro. Pasaron por San Caetano os responsables universitarios das tres comisións de seguimento encargadas da aprobación e consecuente designación de centros de prácticas, segundo as súas propias suxestións. Os encontros están relacionados cos desenvolvemento da parte práctica do Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas en Galicia no curso 2009-2010, e que xa están a cursar máis de seiscentos alumnos e alumnas. Ademais Educación comprometeuse a recibir suxestións de mellora e manter reunións durante os meses de marzo e abril para consensuar os convenios e a orde relativas ao máster do curso 2010/2011, co fin de evitar os retrasos deste ano debidos aos impedimentos postos polo Ministerio. Os principais beneficiados do traballo desenvolvido pola Xunta de Galicia serán os alumnos e alumnas, que se viron afectados pola lentitude coa que actuou o Ministerio de Educación cando impuso os novos estudos para lograr a titulación precisa para impartir clases, tras negarse a prorrogar o antigo CAP. O novo Máster Universitario para o Profesorado, asinado entre a Consellería e as universidades galegas segundo as indicacións do Ministerio, é un dos máis económicos dos estudos de máster, cun custe de 1.155,60 euros. En total son 60 créditos, de 19,26 euros cada un deles. Destes, 8 correspóndense ao Practicum, divididos en 12 para as prácticas, 6 saíran do traballo de fin de máster. Esta acordo garante desde este curso a formación aos alumnos, seguindo as directrices do Goberno Central. Educación recorda que os acordos relativos ao Máster foron redactados atendendo ás suxestións das universidades. Entre elas destaca o incremento das prazas finalmente ofertadas, xa que no protocolo asinado inicialmente entre as tres universidades e o bipartito se contemplaba un total de 600 prazas, mentres que agora -grazas ao esforzo e apoio da actual Consellería de Educación- se ofertan 740 no SUG (Sistema Universitario Galego), distribuídas segundo especialidades e universidades respondendo a proposta das tres universidades. Posición de ELGa ELGa, como asociación Universitaria que es y en representación de cientos de estudiantes, quiere mostrar el descontento con la gestión que se esta haciendo por parte de las universidades del nuevo máster de profesorado de secundaria obligatoria, bachillerato y escuelas de idiomas. El malestar de los alumnos parte de que a día de hoy y a falta de un mes para el comienzo de la realización de las prácticas los estudiantes no saben en que centro las realizaran ni siquiera si podrán hacerlas. Desde ELGa queremos mostrar nuestro apoyo a los estudiantes de este nuevo master, así como revindicar ante las universidades de Galicia que este titulo es indispensable para la obtención de un puesto de trabajo en la docencia, por ello exigimos que no se juegue con el futuro de los estudiantes y se tomen medidas para solucionar esta incertidumbre.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
2010-03-01

 
OTRAS NOTAS
Educación anuncia unha demora na entrega dos 15.000 ordenadores netbooks do proxecto Abalar
Os centros educativos poden presentar os proxectos de fomento do galego
Volta ao cole: Educación convoca axudas para a compra de libros de texto
Publícase en galego ANTE A HISTORIA COMPOSTELÁ, de Claudio Sánchez Albornoz
A TIC cubre máis do 80% da prazas para cursar estudos na Escola de Imaxe e Son de Lugo
A USC e Política Lingüística colaboran nos cursos de galego a estranxeiros
Santiago acolle a IV Xornada de Institutos Históricos de España
A Delegada de Filmax en Galicia, Madriña da 6ª promoción de titulados da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC
Los niños del campamento Activa viven el Arde Lucus
Política Lingüística convoca axudas a proxectos de galego no ensino
 

 

© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados