..:: EDUCACION.info ::..
 
Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
CENTROS DE ENSINO 
EDUCAC. INFANTIL 
EDUCAC. PRIMARIA 
ESO 
BACHARELATOS 
EDUCAC. ADULTOS 
EDUCAC. ESPECIAL 
OUTRAS ENSINANZAS 
FORMACIÓN PROFESIONAL 
RESIDENCIAS 
UNIV. VIGO 
UNIV. CORUÑA 
UNIV. SANTIAGO 
BIBLIOTECA DIXITAL 
BIBLIOTECA DIXITAL 
VARIOS 
CULTURA GALEGA 
LETRAS GALEGAS 
AXENDA DE ACTOS 
DICCIONARIOS 
CURSO DE GALEGO 
CONSELLERIA 
CERTAMES 



 NOTICIAS   NOTAS   CONTACTO 

  [VOLVER
A USC conmemora o centenario da incorporación da muller á Universidade  
O Día Mundial da Muller Traballadora coincide este ano co centenario da Real Orde do 8 de marzo de 1910, polo que as mulleres podían estudar libremente nas universidades españolas, unha efeméride que se conmemorou na Universidade de Santiago de Compostela.

O Día Internacional da Muller Traballadora, o luns 8 de marzo, coincide este ano co centenario da Real Orde do 8 de marzo de 1910 polo que as mulleres podían estudar libremente nas universidades españolas. A Universidade de Santiago celebrou ambas as dúas efemérides cun acto protocolario que presidiu a vicerreitora de Calidade, Dolores Álvarez Pérez, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. 100 anos despois: traballando conxuntamente pola igualdade de oportunidades é o lema do acto no que tamén estiveron presentes o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad; o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga; a concelleira de Benestar e Igualdade de Santiago, Mar Martín; os titulares das secretarías xerais de Universidades e Igualdade da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro e Marta González Vázquez, respectivamente; e o vicerreitor de Profesorado e Organización Académica, Juan Viaño. Certame fotográfico Na mesma sesión entregáronse os premios do I Certame de Fotografía ‘Ruth Matilda Anderson’ ás gañadores do concurso, Lucía Martínez, Pilar Vaamonde e Marta González. Convocado pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC, o concurso pretende contribuír á realización de dúas accións recollidas no Plan de Igualdade de Oportunidades da USC 2009-2011 como son a promoción da elección de especializacións non baseadas en estereotipos de xénero e a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora. O xurado encargado de avaliar as fotos presentadas a concurso estivo integrado por Dolores Álvarez, Margarita Ledo, Lois Celeiro, Pablo Sampedro, Vitor Vaqueiro e Trinidad de Miguel. Coa elección da fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson para dar nome á iniciativa recoñécese a unha muller que fixo un traballo importante nun campo tradicionalmente desenvolvido por homes, ao tempo que se presta atención á súa destacable obra, na que se inclúe un retrato da muller galega dos anos 20. Mesa redonda Logo dun concerto de música barroca a cargo do grupo Resonet, interpretando a Barbara Strozzi, celebrouse unha mesa redonda baixo o lema ‘100 anos despois: traballando conxuntamente pola igualdade de oportunidades’. Nela participaron a escritora Teresa Moure, a astrónoma Josefina Ling, e a directora do CIFEX, Rita Radl, todas elas profesoras da USC e o sociólogo Jorge García Marín, igualmente profesor da Universidade compostelá. A coordinará da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Mª Trinidad de Miguel, encargouse de moderar a mesa. A xornada rematou coa inauguración no mesmo Colexio de Fonseca dunha exposición na que se mostran ao público as 25 mellores instantáneas presentadas ao certame fotográfico. Esta é o inicio dunha exposición itinerante que percorrerá as facultades de Xeografía e Historia e de Ciencias da Comunicación, así como as bibliotecas Concepción Arenal de Santiago e Intercentros de Lugo. Para os vindeiros meses, a Oficina de Igualdade de Xénero ten previsto unha serie de novas actividades dirixidas ao conxunto da comunidade universitaria entre as que se atopan un ciclo de cinema sobre a relación entre o mundo social e a muller, cursos con perspectiva de xénero para o profesorado e outras iniciativas coas cuestións de xénero como argumento central, que se van organizar en colaboración cos centros e organismos vinculados á Universidade.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
2010-03-08

 
OTRAS NOTAS
Educación anuncia unha demora na entrega dos 15.000 ordenadores netbooks do proxecto Abalar
Os centros educativos poden presentar os proxectos de fomento do galego
Volta ao cole: Educación convoca axudas para a compra de libros de texto
Publícase en galego ANTE A HISTORIA COMPOSTELÁ, de Claudio Sánchez Albornoz
A TIC cubre máis do 80% da prazas para cursar estudos na Escola de Imaxe e Son de Lugo
A USC e Política Lingüística colaboran nos cursos de galego a estranxeiros
Santiago acolle a IV Xornada de Institutos Históricos de España
A Delegada de Filmax en Galicia, Madriña da 6ª promoción de titulados da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC
Los niños del campamento Activa viven el Arde Lucus
Política Lingüística convoca axudas a proxectos de galego no ensino
 

 

© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados