..:: EDUCACION.info ::..
 
Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
CENTROS DE ENSINO 
EDUCAC. INFANTIL 
EDUCAC. PRIMARIA 
ESO 
BACHARELATOS 
EDUCAC. ADULTOS 
EDUCAC. ESPECIAL 
OUTRAS ENSINANZAS 
FORMACIÓN PROFESIONAL 
RESIDENCIAS 
UNIV. VIGO 
UNIV. CORUÑA 
UNIV. SANTIAGO 
BIBLIOTECA DIXITAL 
BIBLIOTECA DIXITAL 
VARIOS 
CULTURA GALEGA 
LETRAS GALEGAS 
AXENDA DE ACTOS 
DICCIONARIOS 
CURSO DE GALEGO 
CONSELLERIA 
CERTAMES 



 NOTICIAS   NOTAS   CONTACTO 

  [VOLVER
La ESAD y la Fundación Carles Casares fomentan la literatura y el teatro infantil y juvenil en gallego   
La Fundación Carlos Casares y la Escuela Superior de Arte Dramático de Galicia (ESAD) trabajan por la puesta en valor de la literatura y el teatro infantil y juvenil en lengua gallega a través del Proyecto Toromelos que incluye textos de Carlos Casares que se representarán ante escolares, como Lela anda en Bicicleta que abre el programa el 4 de marzo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia: A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Fundación Carlos Casares e coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) no Proxecto Toromelos, unha iniciativa que busca achegarlles aos máis novos a lingua galega a través da posta en escena da obra do escritor Carlos Casares. Durante a presentación do proxecto, que tivo lugar na sede da ESAD, en Vigo, o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, explicou que “a colaboración da secretaría xeral no Proxecto Toromelos se enmarca dentro das actuacións deste departamento dirixidas a fomentar o uso do galego a través de actividades literarias e culturais onde a lingua xoga un papel importante”. O secretario xeral tamén destacou que, con esta iniciativa, ademais de axudar a promover o recoñecemento e a difusión da obra de figuras clave da literatura galega, como é Carlos Casares, “Política Lingüística segue a impulsar a extensión e a visibilización do galego en todos os ámbitos sociais, achegándoo á infancia e á mocidade a través do fascinante mundo do teatro”. A colaboración con entidades sociais para fomentar o uso da lingua galega A Secretaría Xeral de Política Lingüística mantén unha colaboración permanente con aqueles colectivos sociais de diferentes ámbitos da sociedade co fin de contribuír ao desenvolvemento e á visibilización das súas principais actuacións a prol do galego. O obxectivo prioritario desta cooperación é favorecer a actuación de dinamización desta lingua desde unha perspectiva transversal e da implicación dos diversos axentes sociais. A través da colaboración con Política Lingüística, a Fundación Carlos Casares realizou en 2009 preto dunha trintena de conferencias, coloquios, ciclos, seminarios e mesas de debate co fin de favorecer, en galego, o diálogo social sobre temas de actualidade. O Proxecto Toromelos constitúe unha iniciativa de promoción da creación dramática e teatral, así como de posta en valor da lectura e da literatura dramática e do teatro infantil e xuvenil en lingua galega. Dirixido a escolares de toda Galicia, este proxecto iniciarase o próximo día 4 de marzo coa estrea de Lela anda en bicicleta, versión teatral do célebre conto de Carlos Casares e do conxunto da súa obra infantil e xuvenil. Unha historia na que se pon en valor a capacidade de autoaprendizaxe e a superación das propias limitacións.

R.
2010-03-02

 
OTRAS NOTICIAS
La vuelta al cole en Galicia costará una media de 700 euros a los padres
La Xunta cierra 19 centros de infantil y primaria en el curso 2010-2011 por falta de alumnado
Aldea Etnográfica en Muras
La Cociña Itinerante dos Soños en 51 concellos lucenses
Arranca el segundo plazo de matrícula para titulaciones con límite de plazas en el Sistema Universitario Gallego (SUG)
La USC amplía a 76 la oferta total de másteres oficiales para el curso 2010-2011, once más que el curso pasado
El nuevo rector de la USC, Juan Casares, pide a la Xunta un nuevo plan de financiación que atienda a cada uno según sus merecimientos y necesidades
La Unidad de Visualización Avanzada convierte a la Plataforma de Contidos Dixitais de la USC como "más potente" de Galicia para contenidos 3D
Más de 9.000 alumnos gallegos se enfrentan a la primera selectividad con exámenes voluntarios
Educación simplifica los trámites de las ayudas para la adquisición de libros de textos
 

 

© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados