| O Xurado formado polos Señores D. José Manuel Mato Díaz (Alcalde-presidente do Concello de Paradela), como Presidente; D. Antonio Calvo Varela (Ilmo. Sr. Delegado provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo); D. Santiago Rodríguez López (Fillo do homenaxeado); D. Xesús Mato Mato (Crego); D. Xulio Xiz (Funcionario da Delegación provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo); D. Darío Xohan Cabana (escritor) e D. Xavier Rodríguez Barrio (escritor) como vocais. E D. Juan Luis González Iglesias, Secretario do Excmo. Concello de Paradela, que da fe do acto.
Constituido o xurado en forma, procedese a calificar as obras presentadas e atopadas conformes as bases no seu día aprobadas.
O Xurado por unanimidade, acorda:
Primeiro: Vista a calidade e o nivel das obras presentadas, outorgase con carácter compartido o premio de POESÍA, ás obras:
- En castelan, presentada baixo o título CRISIS, aberto o sobre comprobase que a obra pertence a D. Salvador Moreno Pérez, con enderezo en Jumi lla, provincia de Murcia.
- En galego, presentada baixo o título SALOMA DOS COÍDOS, aberto o sobre comprobase que a obra pertence a D. Alexandre Nerium, con enderezo en Fisterra, provincia de Coruña.
Asimesmo, o Xurado acorda outorgar un Accésit no apartado de POESíA.
- Accesit, á obra presentada baixo o título AI DE MÍN PARADELA. Aberto o sobre, compróbase que a obra pertence a D. Francisco Piñeiro González, con enderezo en Cervo, provincia de Lugo.
Segundo: Outorgar o premio de NARRATIVA, á obra presentada baixo o título ESTÁN ARDENDO AS SERRAS ORIENTAIS. Aberto o sobre, comprobase que a obra pertence a D. Xaime Domingo Toxo, con enderezo en Pontevedra.
Asimesmo, o Xurado acorda outorgar un Accésit no apartado de NARRATIVA .
- Accésit, á obra presentada baixo o título NAI. Aberto o sobre, compróbase que a obra pertence a D. Xoan Xosé García López, con enderezo en Ferrol, provincia de A Coruña . |