| Reunidos no Salón de Sesións do Concello de Paradela, sendo as doce horas do día vinte e tres de abril de dous mil nove, o xurado formado polos Señores D. José Manuel Mato Díaz, Alcalde do Concello de Paradela como Presidente; D.Santiago Rodríguez López (Fillo do homenaxeado); D. Xesús Mato Mato (Crego); D. Xulio Xiz Ramil (Funcionario da Delegación provincial de Cultura e Deporte); e D. Xavier Rodríguez Barrio (escritor) como vocais. E D. José López González, Secretario do Concello de Paradela, que da fe do acto.
Constituido o xurado en forma e coa ausencia de D. Xavier Rodríguez Barrio e D. Santiago Rodríguez López, procedeuse a efectuar unha valoración da evolución experimentada polo certame literario dende a súa creación estando xa na súa XIV edición, efectuando un balance altamente positivo por canto pese a escasa cuantía ou escasa dotación económica do premio e o carácter de pequeno municipio rural do organizador, ano tras ano, mantense unha importante participación frente a acadada en outros premios provinciais que contán cunha maior asignación económica, motivada en gran medida polo feito de que as obras premiadas e accesits son posteriormente publicadas, pese o importante esforzo que elo supón para o Concello de Paradela.
Respecto a presente edición o xurado igualmente resalta o gran número de obras participantes con gran protagonismo das recibidas, sobre todo, do extranxeiro, así como a mellora da calidade das obras e o afianzamento do certame literario, como é o feito de que unha das obras presentadas na categoría de narrativa baixo o título “Hai Padriño” da autora Dona María Carme Caramés Gargal, foi retirada, xa que a propia autora comunicou a obtención dun premio pola citada obra.
Destacar a dificultade do xurado, pola cantidade e calidade das obras presentadas, xa que media ducia de obras poderán ser obxecto de premio en ambas categorías.
Presentáronse un total de 190 obras, 106 na categoría de poesía e 84 en narrativa. Das 106 obras na categoría de poesía, 79 están escritas en castelán e 27 en galego. No apartado de narrativa, das 84 obras, 9 foron escritas en galego e 75 en castelán.
A continuación o xurado procedeu a calificar as obras presentadas e atopadas conforme as bases no seu día aprobadas.
O xurado por unanimidade dos membros presentes, acorda: |